domingo, 18 de diciembre de 2011

Despois dun duro día de traballo, tocou que os/as nenos/as se relaxasen un pouco cunha boa masaxe

pasámolo xenial xogando na clase de educación física ao " twister"

pasámolo xenial xogando na clase de educación física ao " twister"

No taller de estimulación da linguaxe, fixemos unha tea de araña coa profe Lorena

En Samain...chegou o terror as aulas de 4 anos.

Os nenos/as de 4 anos pasamos un feliz día de magosto no Borralliño!!!!!

miércoles, 23 de noviembre de 2011

LEMBRANZAS DE 3 ANOS

Como algúns papis e mamis nos pediron, aquí tedes este vídeo do curso pasado q fixemos con moito agarimo para vos, nos primeiros meses de escola dos vosos pequenos. Aquí tedes un bonito recordo.

lunes, 21 de noviembre de 2011

APRENDEMOS TAMÉN A COMO RELAXARNOS

Hai días nos que coma vós, os maiores, os nenos estamos especialmente nerviosos, así no cole tamén aprendemos de cando en vez a nos relaxar. Mirade este vídeo.

viernes, 4 de noviembre de 2011

COUSIÑAS DIVERTIDAS

Un curso máis estamos a tratar de aprender cousas novas pero sempre disfrutando. Intentamos facer dos nosos días no cole unha experiencia diferente, única e inolvidable. As nosas profes pensan que soñando,disfrutando, sentindo e emocionando, lograremos aprender todo aquilo que nos propoñamos.












aquí nos tedes imaxinando un Arco da Vella cheo de fermosas cores e traballando con Lore nunha mañá de outono cun Taller de estimulación da linguaxe.

VISITA DE RAYO Y MUSA A 4A






Na aula de Esfarrapada 4A, tivemos a visita de Rayo e Musa, as tartarugas de Sebastian. Pasamos unha mañá estupenda aprendendo cousiñas novas sobre estes animaliños que antes non coñeciamos, e ata botaron unha carreira entre as duas, descubrimos que Rayo é unha tartaruga superveloz, en cambio Musa estaba algo asustada. Grazas Sebastian por esta visita.

viernes, 13 de mayo de 2011

NAS AULAS DE 3 ANOS ESTAMOS TRABALLANDO  " A ESPIRAL". SE LLE PREGUNTADES AOS NENOS SEGURO QUE VOS CONTAN TODAS AS ACTIVIDADES, ANÉCDOTAS E XOGOS QUE FIXEMOS A PARTIR DESTA FORMA TAN CURIOSA. SEN DÚBIDA QUE O PASAMOS MOI BEN. .

jueves, 5 de mayo de 2011

Os nenos do  Altamira viñeron ao noso cole a ensinarnos algúns experimentos...aprendemos moito!!!

jueves, 7 de abril de 2011

A semana pasada tivemos a visita dalgúns pais/nais, que viñeron a ensinarnos cousas. Aprendemos e divertímonos moito con eles/as.

jueves, 3 de marzo de 2011

SEMANA DE ENTROIDO











ESTA SEMANA QUEDARÁ NO RECORDO DOS NENOS E NENAS DE TRES ANOS. Comezamos cunha boda, visitounos un "AUTÉNTICO" Peliqueiro, xogamos coa fariña, perseguimos ao galo, un taller de maquillaxe e para mañá nada máis e nada menos que ¡UN DESFILE POR SALCEDA!