miércoles, 23 de noviembre de 2011

LEMBRANZAS DE 3 ANOS

Como algúns papis e mamis nos pediron, aquí tedes este vídeo do curso pasado q fixemos con moito agarimo para vos, nos primeiros meses de escola dos vosos pequenos. Aquí tedes un bonito recordo.

lunes, 21 de noviembre de 2011

APRENDEMOS TAMÉN A COMO RELAXARNOS

Hai días nos que coma vós, os maiores, os nenos estamos especialmente nerviosos, así no cole tamén aprendemos de cando en vez a nos relaxar. Mirade este vídeo.

viernes, 4 de noviembre de 2011

COUSIÑAS DIVERTIDAS

Un curso máis estamos a tratar de aprender cousas novas pero sempre disfrutando. Intentamos facer dos nosos días no cole unha experiencia diferente, única e inolvidable. As nosas profes pensan que soñando,disfrutando, sentindo e emocionando, lograremos aprender todo aquilo que nos propoñamos.












aquí nos tedes imaxinando un Arco da Vella cheo de fermosas cores e traballando con Lore nunha mañá de outono cun Taller de estimulación da linguaxe.

VISITA DE RAYO Y MUSA A 4A






Na aula de Esfarrapada 4A, tivemos a visita de Rayo e Musa, as tartarugas de Sebastian. Pasamos unha mañá estupenda aprendendo cousiñas novas sobre estes animaliños que antes non coñeciamos, e ata botaron unha carreira entre as duas, descubrimos que Rayo é unha tartaruga superveloz, en cambio Musa estaba algo asustada. Grazas Sebastian por esta visita.